Inicio  |  Programación  |  Obxetivos  |  Actualidade  |  Contacto
 

       Actividades previstas para este mes de Maio:

  • 17 de maio :::: ABERTO DE BILLARDA :::: con motivo da celebración da xornada "Arte na Illa", en colaboración con Meiramar Axóuxeres. Este torneo faráse pola mañá, ás 11:00h nas pistas de Samertolameu (Meira). APRAZADO PARA O DOMINGO 31

  • 23 de maio :::: ROTEIRO ETNOGRÁFICO :::: pola mañá. O roteiro consiste en ascender polo curso do Río da Fraga, onde os guías nos irán comentando as particularidades da paisaxe que nos vaiamos atopando. Pasaremos pola zona dos muíños, onde pararemos para ver cómo funcionaban e mesmo moeremos millo nun dos muíños restaurados. Aquí pararemos para xantar (bocadillos, empanadas...). O traxecto conclúe no complexo deportivo municipal O Beque, dende onde coches da asociación baixarán ós condutores para que suban os seus coches). A dificultade non é alta, o traxecto dura entre 4 e 5 horas e percorre arredor duns 8-10 Km. IMPORTANTE: este roteiro é gratuíto, polo que cada un debe trae-la súa propia comida e bebida. Recomendamos levar botas cómodas.

         
    Pola tarde
    ofrecemos para os que se animen un paquete de actividades, OCIO, CEA, FOLIADA tradicional e ACAMPADA no cámping do Beque polo prezo de 10€ por persoa: disporemos das instalación do complexo para xogar a diferentes deportes, entre eles un mini-aberto de billarda. Cearemos churrasco asado alí mesmo (avisade se hai vexetarianos). Despois da cea desfrutaremos dunha velada de música tradicional, aberta a quen queira unirse ós músicos (traede os vosos instrumentos!). Non faltarán viños e likor café en abundancia e a prezos populares. Os que pasedes a noite no cámping tedes a posibilidade de almorzar o domingo no restaurante do cámping.
  •  
    >>> A Ghudalla declina toda responsabilidade sobre os menores de idade que asistan a estas actividades, polo cal, no caso de asistiren, deberán estar ó cargo dunha persoa maior de idade que asuma calquera tipo de responsabilidade.


    - A climatoloxía parece que evoluciona favorablemente, a ameaza de choiva decrece conforme se achega o 23, de modo que A Ghudalla decidimos que
    o roteiro e a festa posterior van adiante segundo o plan previsto. De todos modos, consultade a previsión meteorolóxica. Se tedes dúbidas de última hora podedes chamar ós tlfs. 618119063 (Raúl) ou 661317825 (Alex).
    ::::: Asociación Cultural A Ghudalla ::::: Moaña ::::: 2009 ::::: aghudalla@aghudalla.tk :::::